CONCERTO TANGO COMTEMPORANEO.

TANGO COMTEMPORANEO O MÉRCORES 21 ÁS 22H

SZABO SILVERA TANGO


O tango é un estilo musical e unha danza riopratense, propia das cidades de Bos Aires e Montevideo de natureza netamente urbana e renome internacional. Musicalmente ten forma binaria e compás de dous por catro. É clasicamente interpretado mediante orquestra típica ou sexteto e ten ó bandoneón como instrumento esencial. A coreografía, deseñada a partir do abrazo da parella, é sumamente sensual e complexa. As letras están compostas con base a un argot local chamado lunfardo e soen expresar as tristezas, especialmente «nas cousas do amor» que senten os homes e as mulleres da vila, circunstancia que o emparenta en certo modo co blues. Enrique Santos Discépolo, un dos seus máximos poetas, definiu ó tango como «un pensamento triste que se baila».

Se ben o tango recoñece lonxanos antecedentes africanos, latinoamericanos e europeos, as súas orixes culturais fusionáronse de tal modo que resulta case imposible recoñecelas. En esencia o tango é unha expresión artística de fusión, de natureza netamente urbana e raíz suburbana («arrabaleiro»), que responde ó proceso histórico concreto da inmigración masiva, maioritariamente europea, que reconstituíu completamente as sociedades riopratenses, especialmente as de Bos Aires, Rosario e Montevideo, a partir das últimas décadas do século XIX.

Arxentina, que en 1850 contaba con 1,1 millóns de habitantes, recibiu 6,6 millóns de inmigrantes entre 1857 e 1940. Uruguai sufriu un proceso similar. Trátase dunha experiencia humana «aluvial» case sen comparación na historia contemporánea.

A diferencia doutras zonas do mundo, os inmigrantes que chegaron ó Río da Prata a partir da segunda metade do século XIX superaban en cantidade ás poboacións nativas, e foron parte dun intensivo proceso de mestizaxe multicultural e multiétnico, en gran medida inducida polo Estado a través dunha formidable promoción da escola pública laica.

O tango é fillo directo desa intensa mestizaxe. Sábese que os primeiros tangueiros eran afroarxentinos e afrouruguaios; que o bandoneón provén de Alemaña; que a súa sensualidade deriva da súa orixe prostibularia, onde os inmigrantes europeos que chegaban sós a buscar emprego mantiñan relacións sexuais coas nativas, maioritariamente afroarxentinas e indoamericanas denominadas «chinas». Sábese tamén que o argot do tango, o lunfardo, está cheo de expresións italianas e africanas; que o seu ritmo e clima nostálxico están emparentados coa habaneira cubana; e que «tango, milonga, malambo e candombe», son parte dunha mesma familia musical de raíces africanas e costumes provintes dos gauchos que emigraron á cidade.

Porén, o tango non se confunde nin deriva de ningún estilo musical en particular. Ernesto Sábato di que por sobre tódalas cousas o tango é un híbrido, unha expresión orixinal e nova que deriva dunha mobilización humana xigantesca e excepcional.

O desexo sexual, sublimado en sensualidade, e a tristeza ou melancolía, derivada dun estado permanente de insatisfacción, son os compoñentes centrais do tango. Nas súas orixes eses sentimentos afloraron da dura situación de millóns de traballadores inmigrantes maioritariamente varóns, solitarios nunha terra estraña, acudindo masivamente ós prostíbulos, onde o sexo pago acentuaba «a nostalxia da comunión e do amor, a saudade da muller» e a evidencia da soidade. O tango emerxeu así dun «resentimento erótico» masivo e popular, que conduciu a unha dura reflexión introspectiva, tamén masiva e popular, sobre o amor, o sexo, a frustración e finalmente o sentido da vida e a morte para o home común.

No curso do século XX e coa importancia que adquiriu a sexualidade e a introspección, así como unha visión existencial e menos optimista da vida, o tango desenvolveu os seus compoñentes básicos como unha expresión artística notablemente relacionada coa problemática do home contemporáneo.

~ por pubasduas o Abril 19, 2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: